sábado, 23 de xaneiro de 2016

Encontro en Guadarrama “O Noso Mundo a nosa dignidade o noso futuro”

Alumnas/os e profesoras/es do IES Terra de Trasancos participaron no encontro de Centros de Ensino  que organizou a AECID dentro do programa europeo “ O Noso Mundo, a nosa dignidade o noso futuro”   e que desenvolveuse en Guadarrama , o obxectivo do encontro  foi  o traballo en equipo entre diferentes Institutos do Estado para facer unha posta en común deste programa escolar  organizado con diferentes talleres, teatro forum , cine, xogos e programas de “Medio ambiente” “Artes Plásticas” “Xénero” e “ Consumo Responsable” para impulsar a  participación , o pensamento crítico e fomentar  un interese activo dos rapaces/as participantes .






Os temas desenvoltos no  Encontro de Guadarrama e que seguiremos traballando durante o presente curso escolar  son: Educación universal . Avaliación da  discriminación e desigualdade de xénero. Dereito a saúde . Os conflitos bélicos, a violencia e a paz . O desenvolvemento   sostible e a desigualdade económica . O futuro da xuventude . A axuda humanitaria. As migracións ( bélicas, climáticas e económicas );  seguridade alimentaria . Dereitos  humanos e por último  coñecer  os novos Obxectivos de Desenvolvemento  do Milenio














Estas   actividades estiveron acompañadas pola representación teatral a cargo de Escena Studio. E  os obradoiros da  Fundación “Tus Ojos” que   estivo traballando co    alumnado participante en “ Cóntanos a  tua historia” ultimando os curtametraxes realizados co alumnado dos diferentes centros escolares .