venres, 28 de abril de 2017

TRASANCOS EN BERLÍN


Toca descansar por uns días pero non podíamos irnos sin lembrar aos nosos trasanqueses en Berlín. No IES pensamos que a mellor forma de aprender é viaxando, coñecemos culturas diferentes, estamos no centro da cultura europea, o motor económicoo e cultural desta vella Europa, aprendemos a compartir experiencias a axudarnos na viaxe, incluso a comer cousas diferentes pero deliciosas. Viaxar fomenta a curiosidade e a tolerancia  axuda comprender outras formas de pensar e estar no mundo, fainos máis sabios e máis felices e son lembranzas que ninguen pode roubarnos, nin o tempo.

A curta Cousas de vellos premiado no certame Ben Falado do EOI

https://youtu.be/ZO_mV7yQKqs

xoves, 27 de abril de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO IGNACIO LÓPEZ BUENO



O xurado do certame Ignacio López Bueno 2017 determinou que os gañadores desta edición son os seguintes:

Categoría ESO: Luis Bello Rego e Ivan Montero Villanueva de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos





Acordouse facer unha mención especial para o traballo presentado por Andrea Bustabad León de 3º de ESO do IES Terra de Trasancos




Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos: O traballo gañador é o presentado por Andrea Miras Sixto e Raquel Pato Díaz de 1º de CM de Xestión Administrativa do IES Terra de Trasancos.





Parabens a todos

Para ver as presentacións orixinais en Pw podedes picar neste enlace, da carpeta de dropbox

ENCONTRO DE ESTUDIANTES DE MÚSICA DE SECUNDARIA




O Coro Solidarium e un grupo do Instituto participaron no Encontro de Estudiantes de Música de Secundaria de Galicia, con tal motivo pideme Graciela que faga unha reseña no blog.

O Noso Coro Solidario é unha mostra do talento do noso alumnado e do traballo e esforzo que fan xunto coas directoras Graciela o Olga que están volcadas nesta labor.

O Coro representanos a toda a Comunidade Educativa do IES na seriedade e compromiso co que todos os participantes se toman as súas tarefas, ensaios roubados ao tempo de ocio, tempo de traballo e tempo tamén de compañeirismo e de pracer de compartir a música e as vivencias.

As súas actuacións solidarias mostran que a xente nova sintese comprometida e perto das necesidades das persoas. O noso alumnado é solidario e responsable ante a sociedade da que forma parte, nas súas actuacións transmiten esta emoción que nos move a querer mellorar o mundo.

Prezadas voces que nos falan da esperanza, da liberdade de ser, do compromiso e gusto pola vida que sinten ao cantar e transmitennos a ledicia de sentir a música prendendo nos corazóns desta xente nova.

Recollo eiqui enlaces a videos das súas recentes actuacións

Encontro de música de estudantes de secundaria 2017

Encontro de musica de estudantes de secundaria 2017

Gospel e coro apoteosis final no Pazo

mércores, 26 de abril de 2017

XA TEMOS CÉLULA GAÑADORA

NO RECONTO DE VOTOS SAIRÓN GAÑADORAS



Noraboa a David, Diego, Mencía, Martín, daniel, Marta, Nuria.... e a todo o alumnado de 1º ESO participante que gañadores ou non demostraron saber facer un bo traballo!

luns, 24 de abril de 2017

I CERTAME DE VIDEOS DE RAP GALEGO RAPGAL

A Equipa de Normalización e Dinamización Lingüistica do IES  Terra de Trasancos convoca este 

I certame de videos de rap en  galego, 

consultade as bases e a nova neste enlace.
Animadevos a participar pois sabemos que hai moito talento no IES

xoves, 20 de abril de 2017

SEMANA VERDE DO 24 AO 28 DE ABRIL



XXIII SEMANA VERDE, 24-28 de ABRIL 2017.

IES TERRA DE TRASANCOS. Narón


Un ano máis estamos a celebrar a Semana Verde, este ano traballaremos o tema do “turismo sustentable” e dicir, o turismo que respecta tanto á poboación local e o viaxeiro, coma ao patrimonio cultural e ao medio ambiente.
 Aquí tedes algunhas actividades que faremos durante esta semana.
  • Entrega dos premios do X Concurso Ignacio López Bueno no Salón de Actos do centro o día 28 de abril do 2017 ás 12.10 h. Os premios serán publicados no taboleiro do centro e na páxina web www.trasancos.net.
  • Disporemos da exposición “Reservas da Biosfera”, cedida polo CEIDA, no vestíbulo do 18 ao 28 de abril.

E nas aulas durante esta semana traballaremos:
  •  O alumnado de 1º de ESO traballarán con Sol Iglesias sobre “Espazos protexidos en Galicia”, e realizarán uns mapas de Galicia con Verónica, Bea Lamigueiro e Ana Fernández para que ubiquen neles os espazos investigados.
  • O alumnado de 2º de ESO elaborarán con Mº José Muiño un tríptico da ruta a pé “Do Terra de Trasancos ao mar”
  • Os rapaces e rapazas de 3º de ESO participarán nun concurso de fotografía e texto literario Locus amoenus” guiados polas profesoras de Lingua Castelá Chus Galego, e de plástica Bea Lamigueiro e Ana Fernández.
  •  No curso 4º ESO indagarán sobre “Rutas Literarias Sustentables” coa profesora de galego Carme Martínez.

martes, 18 de abril de 2017

EXPOSICIÓN RESERVA DA BIOSFERA CEIDA

https://goo.gl/photos/iSHGGKkoaeuxWGGAA

CEIDA dentro das súas exposición itinerantes emprestounos estos paneis que forman a exposición sobre as Reservas da Biosfera producida en colaboración con Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”. Podedes vela no vestíbulo do IES dende hoxe ate o vindeiro 28 dentro das actividades da SEMANA VERDE.

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultural, e o desenvolvemento sostible da súa poboación.

Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza (Gerês- Xurés).

As reservas son:
  • LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
  • ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
  • ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
  • SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.

Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivar e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

Para unha visita virtual a exposición pica neste  enlace 

mércores, 5 de abril de 2017

GLACKMA NO IES. VISITA INESPERADA E MOI FELIZ



Encantados estivemos todos na presentación do traballo de Adolfo, Karmenka e Carlos de GLACKMA no IES. Compartiron con nos a súa dura laboura que consiste en medir o desxeo dos glaciares, síntoma do quentamento global, a sabiduría de científicos o ímpetu e valentía de expedicionarios, o seu desexo de coñecer, a necesidade de saber a alegría de ser e estar neste mundo global.
Rematada a ponencia tivemos o placer de charlar e departir con eles sobre o seu traballo, sobre as dificultades que supon para os animais e persoas que habitan o mundo polar a perda do seu hábitat, da súa próxima expedición a Islandia e Noruega, das súas vivencias.
Karmenka sorprendeuse de que na biblioteca do  IES tiveramos o seu libro  Diario Polar e tiveron a deferencia de dedicárnolo  á vez que comentaba emocionada como foi a labor de redactalo. Carlos prometeu volver e dedicarnos unhas horas a poñernos ao día na técnica da fotografía e animou ao alumnado a participar nun proxecto fotográfico.  Comprometeronse a manternos informados das súa vindeira expedición a Islandia,  contaronnos  de terras lonxanas e abriron as apetencias aventureiras e científicas do noso alumando e as miñas propias. Todos queremos participar no proxecto GLACKMA e  coñecer ese mundo xélido  e perfecto que estamos a destruir.
Comprometidos estamos coa labor de GLACKMA! Moitas grazas pola vosa visita.

martes, 4 de abril de 2017

Exposición maquetas celulares

Para votar a quen pensas que gañará o concurso, escribide o número sin ningunha outra
palabra . Exemplo: 43. Sumaranse todas as veces que enviedes a resposta. Será o recoñecemento do público que non pode votar fisicamente no IES
 Aqui un resumen dos datos ate de agora

 

Glackma no IES

Grazas Adolfo, Karmenka e Carlos pola oportunidade que nos brindades de colaborar con vos neste proxecto no que poñedes tanta pasión e traballo. Estamos contaxiadas! Vos acompañaremos en toda esta aventura e traballo pola ciencia, polo medioambiente, polo Planeta e todos os seus habitantes, humanos, animais e vexetais. Paga a pena!

luns, 3 de abril de 2017

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS CELULARES 1ºESO

Aqui tedes o traballo de 1º da ESO na asignatura de xeloxía e biolóxía
Animadevos a votar






Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES

Blog do IES Terra de Trasancos: Glackma visita o IES




A nosa visita inesperada faise esperar, hoxe non poido ser pero mañá martes estarán con nos

O mito de que os científicos son despistados é certo.  Adolfo e Karmenka , finalmente virán mañá ás 11,20. Actividade destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

domingo, 2 de abril de 2017

Glackma visita o IES

Mañá as 12:30 esperamos a visita inesperada pero feliz de Karmenka, Adolfo e Carlos Caraglia, (GLAGKMA)

Non volo perdades alumnado e profesorado trasanques porque son os heróes da loita e estudo do cambio climático, saben máis de glaciares e do Artico que os inuits e fan a súa intervención amena e educativa.