martes, 18 de abril de 2017

EXPOSICIÓN RESERVA DA BIOSFERA CEIDA

https://goo.gl/photos/iSHGGKkoaeuxWGGAA

CEIDA dentro das súas exposición itinerantes emprestounos estos paneis que forman a exposición sobre as Reservas da Biosfera producida en colaboración con Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”. Podedes vela no vestíbulo do IES dende hoxe ate o vindeiro 28 dentro das actividades da SEMANA VERDE.

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultural, e o desenvolvemento sostible da súa poboación.

Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza (Gerês- Xurés).

As reservas son:
  • LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
  • ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
  • ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
  • SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.

Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivar e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

Para unha visita virtual a exposición pica neste  enlace 

Ningún comentario:

Publicar un comentario