mércores, 5 de abril de 2017

GLACKMA NO IES. VISITA INESPERADA E MOI FELIZ



Encantados estivemos todos na presentación do traballo de Adolfo, Karmenka e Carlos de GLACKMA no IES. Compartiron con nos a súa dura laboura que consiste en medir o desxeo dos glaciares, síntoma do quentamento global, a sabiduría de científicos o ímpetu e valentía de expedicionarios, o seu desexo de coñecer, a necesidade de saber a alegría de ser e estar neste mundo global.
Rematada a ponencia tivemos o placer de charlar e departir con eles sobre o seu traballo, sobre as dificultades que supon para os animais e persoas que habitan o mundo polar a perda do seu hábitat, da súa próxima expedición a Islandia e Noruega, das súas vivencias.
Karmenka sorprendeuse de que na biblioteca do  IES tiveramos o seu libro  Diario Polar e tiveron a deferencia de dedicárnolo  á vez que comentaba emocionada como foi a labor de redactalo. Carlos prometeu volver e dedicarnos unhas horas a poñernos ao día na técnica da fotografía e animou ao alumnado a participar nun proxecto fotográfico.  Comprometeronse a manternos informados das súa vindeira expedición a Islandia,  contaronnos  de terras lonxanas e abriron as apetencias aventureiras e científicas do noso alumando e as miñas propias. Todos queremos participar no proxecto GLACKMA e  coñecer ese mundo xélido  e perfecto que estamos a destruir.
Comprometidos estamos coa labor de GLACKMA! Moitas grazas pola vosa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario