xoves, 7 de setembro de 2017

E despois da ESO que fago?

http://cmtrasancos.blogspot.com.es/2017/09/e-despois-da-eso-que-fago.html
Posiblemente a estas alturas estés a te examinar en setembro das materias que non superache durante o curso e necesites unha orientación sobre o teu futuro académico e ou profesional. O esquema desta entrada  pode orientarte nas túas decisións.
Si te atopas cursando terceiro ou cuarto da ESO e non superaches as materias conducentes a obtención do titulo de graduado en ESO ou prevés que non acadarás a titulación,  tes a oportunidade de matricularte nun ciclo de Formación Profesional Básica que, unha vez superado, permitirache continuar estudios de  Formación Profesional ou presentarte a Proba de Graduado en ESO. ¿Atragantouseche  algunha materia de Bacharelato ou non te ves estudiando na Universidade?  Decidete enton pola Formación profesional de Grado Medio,  se non tes a titulación de Bacharel ou de Grado Superior no caso de ter a titulación. Calquera das titulacións en F.P.  dache a saida ao mundo laboral pois acredita que posees as competencias profesionais asociadas ao título. Moito ánimo para o estudo e sorte nas tuas decisións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario