xoves, 7 de setembro de 2017

Por que facer un ciclo de Formación Profesional de grado medio


Alumnado do ciclo medio de xestión administrativa curso 2014-16

Por que facer o Ciclo Medio de Xestión Administrativa?

  • Consigues un título profesional que acredita que sabes realizar as tarefas do teu posto de traballo.
  • Dota dunha cualificación profesional posibilitando unha saída ao mundo laboral.
  • Demostra que posees as competencias para desempeñar a túa profesión.
  • A aprendizaxe está basado na práctica e estas sempre acompañado no proceso de aprendizaxe.
  • A Formación no Centro de Traballo inserta ao alumnado nas empresas.
  • Permite continuar estudos na túa profesión ou noutra mediante o acceso a Ciclos Superiores de F.P. ou Bacharelato.

Porque estudar F.P. no IES Terra de Trasancos?

  • O Instituto está en contacto coas empresas para realizar a Formacion no Centro de Traballo e asignar a persona adecuada á empresa.
  • Estamos cerca de tí nun concello en expasión e coñecemos o tecido empresarial e industrial da zona
  • Estamos ao rente do Polígono industrial máis importante de Ferrolterra e en contacto coas empresas.
  • Somos un IES pequeno pero forte e temos dedicación persoalizada co alumnado.
  • Integración de todo o alumnado atendendo as súas necesidades específicas de aprendizaxe.
  • Temos vocación de ensino e un claustro cohesionado e aberto a inovación educativa.
  • Aprendemos cada curso do noso alumnado.

Como matricularte no Ciclo medio de Xestión Administrativa.

  • Por medio da páxina da Xunta de Galicia. Tes toda a información  neste enlace
  • Imprime a solicitude
  • Presentaa no IES Terra de Trasancos
 Ou ben, no Centro por medio dos equipos informáticos destinados a elo

Prazo para entregar a solicitude: 8 de Setembro

Ningún comentario:

Publicar un comentario