venres, 21 de decembro de 2018

Nadal 2018. As outras portas.

1ºe 2ºPremio "Canto máis mellor, como me gusta a cor" para 2º ESO
Accesit Iluminación e sonido "Cidade de Vigo" para 3º e 2º ESO
1ºe2º premio "O Nadal esta chegando,eu o paso dibuxando"para 1º ESO

1º e 2º Premio estilo "Naif que te criou" para 3º ESO A e 2º CM


1º premio estilo reivindicativo con accesit "Se non reciclas, carbón" para 2º BAC.
1º premio en linguas con accesit "Este Grinch me esta mirando e a burrito esta asustando" para 3º ESO B


Premio especial do público para pastorcillo  Xabi e alumnado de 4º da ESO pola súa posta en escea da obra "Montando o Belén"
Parabens a todos os galardonados e moitas grazas pola vosa inestimable colaboración e agora chegado a fin da avaliación xa so nos queda comer o turrón. Si gañar é importante máis o é participar.

Nadal 2018. As portas gañadoras





4º Premio. A Porta de PT. Traballada por Xabi con diseño de Sagrario. Noraboa, moi bo Traballo

3º Premio. As portas de FPB Electricidade e Electrónica



2º Premio. A porta de 1º ESO A



1º Premio A porta de 4ºESO. Portal de Belen  vivinte. Noraboa polo traballo, orixinalidade e posta en escea.
 

NADAL NO IES TERRA DE TRASANCOS

Musica. Xabier Díaz e adufeiras do salitre

martes, 27 de novembro de 2018

CLUBE DE LECTURA LETRAS PARA O DESLEIXO

EMPEZAMOS CO CLUBE DE LECTURA LETRAS PARA O DESLEIXO.

25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO





















No ano 1993 a
Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas definía a violencia de xénero como «toda acción ou omisión baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na vida privada» 


O 17 de decembro de 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Dende o ano  2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en Galicia e 966 no estado español. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos, especialmente no ámbito da educación.










O alumnado de 4º ESO elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.

Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade e en contra de toda violencia de xénero.

luns, 26 de novembro de 2018

ELECCIÓNS RENOVACION DO CONSELLO ESCOLAR

Celebrase nos vindeiros días a elección e renovación do Consello Escolar, polo que nos parece preciso informar a toda a comunidade educativa dos días nos que teran lugar as votacións e procedementos.

Dada a importancia que ten o Consello no funcionamento do Centro animamosvos a participar, epecialmente a Nais e Pais do alumnado

Elección representantes do alumnado As votacións  terán lugar  os días
Todo o alumnado: 28 de novembro de 10:10 a 14:00. Na sala de titorías.
Alumnado que non poidera votar por que  o día anterior participou en actividades extraescolares: 29 de novembro de 12:10 a 12:30

Eleccións de representantes de nais/pais
 A votación será o día 28 de novembro de 16,30 a 19,30 na Sala de Titorías.

Elección de representantes do persoal docente e non docente:
 
Profesorado e persoal non docente 28 e 29 de novembro ás 12:10 a 12:30 . A razón é facilitar a todo o profesorado a emisión do seu voto (había algúns que tiñan saídas un ou outro día). Votaremos na Sala do profesorado.

Podedes consultar as listas das candidaturas no taboleiro xunto a Secretaría e na páxina web do IES

ACTIVIDADE SEMANA 26 A 30 DE NOVEMBRO


MÉRCORES 28

- Visita ao V Campionato Galego de Formación profesional Galicia Skills 2018. Silleda

Alumnado de FP (Electricidade , Electrónica e Comercio)
Toda a mañá


- Visita ao ARSENAL e MUSEO NAVAL

Alumnado de 4º ESO
9:20- 14:00 h.

XOVES 29

- Visita a SOTAVENTO

Alumnado de 2º ESO
Saída ás 9:15 h. Toda a mañá.

venres, 23 de novembro de 2018

MOSTRA TRABALLO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O alumnado de 4º ESO realizou estes murais donde se mostran fotos tomadas por elas e letras de cancións,que pretenden visibilizar a loita en contra da violencia de xénero e denunciar que moitas letras de cancións promoven esta violencia.

xoves, 22 de novembro de 2018

A MUSICA DA MENTE. ACTIVIDADE DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Xurxo Mariño, na conferencia que tivo lugar no Pazo de cultura de Narón. Foto Conchi García

Alumnado de diversos IES que asistiron a charla. Foto Conchi García


O alumnado de 4º da ESO e Bacharelatos asistiu a conferencia  de divulgación  científica que baixo o título "A Musica da mente" impartiu  Xurxo Mariño, biólogo e experto en neurofisioloxía, profesor da USC e recoñecido divulgador científico
Velaiquí duas fotos dos alumnos do IES Terra de Trasancos momentos antes de iniciar a Charla e unha foto durante a intervención do conferenciante

venres, 16 de novembro de 2018

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA 1º ESO


Autor: Marcos López Alonso
O alumnado de 1º ESO, xunto con profesorado do IES  participou o martes 13 de novembro nunha observación astronómica nocturna no concello de Muras (Lugo) impartida por varios membros da Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e da Asociación Fotografía Ferrolterra, aos que agradecemos a súas ensinazas e colaboración. 

A actividade de observación que permiteu aos participantes visualizar con gran nitidéz a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda inaugura esta nova actividade da SGHN que pretende achegar o Universo ao estudantado galego

xoves, 15 de novembro de 2018

A MÚSICA DA MENTE



O 20 novembro as 11:00 terá lugar no Pazo da cultura, de Narón a conferencia de  Xurxo Mariño , Dr. en Bioloxía e profesor UDC)  que leva por tulo: “A música da mente”

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de BAC e 4º ESO

Organizado por 

  • IES Terra de Trasancos.
  • IES Telleiras.
  • IES Cabo Ortegal.


Coa colaboración do Concello de Narón

Resumo da actividade
“Ten dúas partes. Na primeira fai unha introdución ao sistema nervioso e ao seu sentido evolutivo, e na segunda explica como é a actividade eléctrica das neuronas, utilizando rexistros feitos no noso laboratorio. Para apreciar mellor a actividade das neuronas, converte as descargas eléctricas en sons, de xeito que se pode "escoitar" como funciona o cerebro”.

mércores, 31 de outubro de 2018

FESTA DAS ÁNIMAS E MAGOSTO







Como está próxima a celebración dos Santos, Ánimas, Defuntos e demais espíritos do Alén pensamos en celebrar este feliz evento no Centro os venres, 2 e 9 de novembro.

TERROR NA BLIBLIOTECA.- Venres, 2 celebramos unha actividade na biblioteca na que participará alumnado de 1º ESO e 4º ESO.
ConsisitirÁ na lectura de poemas relacionados con estas festas.


GRAN MAGOSTO.- Venres, 9: Xornada máis lúdico-cultural destinada a toda a ESO, Bacharelato e FP Básica.
MAGOSTO e XOGOS POPULARES en horario de 12:30-14:10

xoves, 18 de outubro de 2018

PROGRAMA TEI

O programa TEI (Titoria Entre Iguais) é un  programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa, orientdo  a  mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacions entre iguais sexan  máis satisfactorias, previndo  o acoso escolar




Alumnado participante no Programa TEI

Basase na  titorización emocional entre iguais donde o respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos do se desenvolvemento nos centros educativos:

Profesorado Titor do programa TEI na entrega do certificado de TEI

 En secundaria: O alumnade de 3º son titores/as emocionais do alumnado de de 1º
Carnets de titor/a do TEI







Para saber máis sobre o programa TEI pica no enlace a páxina

luns, 8 de outubro de 2018

I EDICIÓN CONCURSO CONTOS DE TERROR

Dende a Biblioteca convocamos o 1 Concurso de Contos de Terror. A que non te atreves a participar?

Establécense 4 categorías:
- 1º e 2º de ESO
- 3º, 4º de ESO e FP básica
- Bacharelato (1º e 2º) e Ciclos
- Profesorado, persoal non docente, pais e nais

Se es unha persoa valente, ousada, ou mesmo temeraria, aquí tes as BASES do concurso.
Estámoste esperando.

xoves, 4 de outubro de 2018

ERASMUS+ CONVOCATORIA 2018-19

Resultado de imagen de erasmus+

ERASMUS+ PARA CICLO SUPERIOR.

CONVOCATORIA 2018-19



SELECCIÓN DE CANDIDATURAS
        O alumnado interesado  en participar no programa ERASMUS + Convocatoria 2018 deberán cumplimentar o impreso de solicitude e remitilo, antes do día 20 de outubro de 2018, a programaseuropeostrasancos@gmail.com.

PROCESO DE SELECCIÓN

1ª FASE
  • Envio da documentación  (CV, carta de motivación e datos do alumno/a  solicitante), prazo ate o 20 de outubro
  • Entrevista persoal previa solicitude de documentación ao alumnado aspirante do. 23-26 outubro-2018
2ª FASE
  • PROBAS DE IDIOMA (novembro 2018).
3ª FASE
  • Revisión do expediente académico e informe do equipo docente
Pode atoparse toda a información sobre as becas convocadas na seguinte documentación