mércores, 28 de febreiro de 2018

Gala Solidaria viaxe do Coro Solidario a Neerpelt

O Coro Solidario viaxa a Bélxica  para participar no Festival Europeo de Música da Xuventude en Neerpelt.
Talento e ilusión non lles falta, pero necesitan unha axudiña para costearse a viaxe. A Gala Solidaria que se celebrará en no Pazo da Cultura de Narón o vindeiro 23 de Marzo será unha oportunidade para contribuir con unha pequena achega e disfrutar da música interpretada por grupos  da comarca. Merca o teu bono solidario disponible naa billetería do Pazo dende o 1 de Marzo e contribuiras con 5 € ao viaxe destes xovenes talentos.

venres, 23 de febreiro de 2018

A Formación Profesional Dual

 


Si estas a pensar en realizar un Ciclo Formativo de grao medio ou superior ou estás matriculado é posible que che interese información sobre o que é a Formación Profesional dúal,  nestes enlaces tes información sobre ela


A formacion dual con contrato de traballo

A formacion dual no sistema educativo

Normas de cotización a Seguridade social na Formación profesional dual

venres, 16 de febreiro de 2018

Visita da Directora Xeral de Xuventude ao IES Terra de Trasancos

Correspondentes xuvenís  xunto coa Directora Xeral, Concelleira de Ensino de Narón, e membros daDirección do IES
A Directora Xeral de Xuventude visitou hoxe ao noso equipo de Correspondentes Xuvenís co fin de felicitalos e recoñecerlles o traballo desenvolvido para espallar a información de interese para o noso alumnado.

Temos maís información no blog de correspondentes

https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/2018/03/visita-da-directora-xeral-de-xuventude.html

luns, 5 de febreiro de 2018

Actividades Febreiro

-MARTES 6 DE FEBREIRO: Saída á Universidade de Santiago de alumnos de 2º de Bacharelato. Irán acompañados de Jéssica Fernández e Olga Martínez.

- MARTES 6 DE FEBREIRO: Saída a PULL AND BEAR alumnos de CICLO MEDIO E 1º DE SUPERIOR. PROFESORES ACOMPAÑANTES: ROGELIO PESQUEIRA

-VENRES 9 DE FEBREIRO: Festival de Entroido a partir das 12,10.

-XOVES 15 DE FEBREIRO: Saída a Sotavento.
HORARIO: Toda a mañá
PROFESORES ACOMPAÑANTES: JUANDA POLO, ANDRÉS RAMOS E MERCEDES MARTÍNEZ

venres, 2 de febreiro de 2018

Festival de Entroido 9 de Febreiro

Regulamento de participación

Suspéndense ás clases as 12:10, ata esa hora hai clase  normal.

  • Os alumnos participantes no Concurso deberán anotarse en conserxería,  Deberá participar no mesmo polo menos máis da metade da clase para suspender as clases
  • No caso das comparsas as letras das cancións satíricas  serán en Lingua Galega
  • A intención deste festival será unicamente darlle unha boa entrada ao entroido, polo que non se poderá saír do centro nin facer celebracións que poidan poñer en dúbida a responsabilidade deste.
  • O festival dará comezo ás 12:10h, e ata esta hora ninguén se poderá disfrazar xa que as clases serán totalmente normais.
  • Non se poderá subir á 1ª e 2ª planta.
  • Tódolos alumnos deberán identificarse se algún profesor o require.
  • Non se poderán usar petardos nin productos molestos ou perigosos ou dañinos para a saúde

    Horario de festexos


    12:10h Toca o timbre para cambiarse

    12:30h Todos os alumnos baixarán a Usos Múltiples para o concurso: disfraces individuais, colectivos e as comparsas coas súas respectivas cancións.

    13:00h Baile en Usos Múltiples amenizado por boa música (mentras o xurado toma a súa decisión, non se poderás sair do Salón de Actos).

    13:45h Entrega de premios.

    NOTA: non se pode vir disfrazado da casa. As caretas poñeranse unha vez dentro do recinto escolar.