venres, 2 de febreiro de 2018

Festival de Entroido 9 de Febreiro

Regulamento de participación

Suspéndense ás clases as 12:10, ata esa hora hai clase  normal.

  • Os alumnos participantes no Concurso deberán anotarse en conserxería,  Deberá participar no mesmo polo menos máis da metade da clase para suspender as clases
  • No caso das comparsas as letras das cancións satíricas  serán en Lingua Galega
  • A intención deste festival será unicamente darlle unha boa entrada ao entroido, polo que non se poderá saír do centro nin facer celebracións que poidan poñer en dúbida a responsabilidade deste.
  • O festival dará comezo ás 12:10h, e ata esta hora ninguén se poderá disfrazar xa que as clases serán totalmente normais.
  • Non se poderá subir á 1ª e 2ª planta.
  • Tódolos alumnos deberán identificarse se algún profesor o require.
  • Non se poderán usar petardos nin productos molestos ou perigosos ou dañinos para a saúde

    Horario de festexos


    12:10h Toca o timbre para cambiarse

    12:30h Todos os alumnos baixarán a Usos Múltiples para o concurso: disfraces individuais, colectivos e as comparsas coas súas respectivas cancións.

    13:00h Baile en Usos Múltiples amenizado por boa música (mentras o xurado toma a súa decisión, non se poderás sair do Salón de Actos).

    13:45h Entrega de premios.

    NOTA: non se pode vir disfrazado da casa. As caretas poñeranse unha vez dentro do recinto escolar.



     

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario