xoves, 5 de abril de 2018

Exposición 20 anos do Fondo Galego de Cooperación e Desenvolvemento








Hoxe inauguramos a exposición conmemorativa dos  20 anos do Fondo Galego de Cooperación e Desenvolvemento. Moitas grazas á alcaldesa Marián Ferreiro e á concelleira Catalina García por acudir a compartir con nós este acto. Ao longo deste mes o alumnado de 2°ESO traballará contidos relacionados coa Educación para o Desenvolvemento.

"Hoxe a alcaldesa agradeceu ao noso instituto a colaboración nese proxecto. Ademáis fixeronnos fotos para o xornal e explicaronnos un traballo de solidariedade e cooperación moi interesante para coñecer métodos de ensinanza, construcción, reparación...en paises con baixo nivel de vida como en America Latina e paises  lusófonos (nos que se fala portugues).
Rematamos cubrindo unha ficha na que contestamos a preguntas e de ahí aprendin os paises aos que axuda este proxecto, por quen  está formado, e  que máis de 97  concellos  participan neste proxecto.
Viñeron ao Instituto a Alcaldesa, a representante do concello de Narón no proxecto e o fotográfo da Voz de Galicia"
E.F.P. Alumna de 2º de ESO

martes, 3 de abril de 2018

Actividades en Abril

ACTIVIDADES PREVISTAS MES DE ABRIL

-3 ABRIL AO 6 DE ABRIL ( MARTES A VENRES):

Recollida de libros para mercadillos solidario pero ATENCIÓN, UN CAMBIO RESPECTO ÁS INSTRUCCIÓNS: a Biblioteca estivo en obras e non sei como estará, así que os que queirades deixar libros falade con Chus ou podedes depositar libros enriba da mesa de Vicedirección.

-3 ABRIL(MARTES):

Exposición conmemorativa dos 20 anos do Fondo Galego de Cooperación.

-5 ABRIL(XOVES):

ACTIVIDADE: PARTICIPACIÓN NA MOCIDADE COA LINGUA


-9 AO 13 DE ABRIL(LUNS A VENRES):

ACTIVIDADE: VIAXE CULTURAL A ROMA
ALUMNOS: 4º ESO

-10 ABRIL(MARTES) E 17 DE ABRIL(MARTES):

ACTIVIDADE: OBRADOIRO DE CONSUMO ENERXÉTICO RESPONSABLE.
CURSOS: 1º E 2º FP BÁSICA

MARTES 10 /04/2018 MARTES 17/04/2018
08:30 - 10:10 (1º e 2º FPB) 10:30 - 12:10 (1º e 2º FPB)

LUGAR: NO CENTRO. NA SÚA CLASE.
PROFESORES ACOMPAÑANTES: JUANA POLO E MERCEDES MARTÍNEZ RECIBIRÁN AOS MONITORES.

-17 ABRIL(MARTES) E 19 ABRIL(XOVES):

ACTIVIDADE: TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS
ALUMNOS: 1º ESO
HORARIO: MARTES 17 ABRIL: 10,30-12,10-1º ESO B
12,30-14,10- 1º ESO A
XOVES 19 DE ABRIL: 10,30-12,10-1º ESO A
12,30-14,10-1º ESO B
LUGAR: NO CENTRO. NAS SÚAS CLASES.


-20 ABRIL(VENRES):

ACTIVIDADE: TEATRO EN INGLÉS-FRANKENSTEIN FILES
ALUMNOS: 3º E 4º DA ESO
HORARIO: POR DETERMINAR
LUGAR: PAZO DA CULTURA DE NARÓN

-23 ABRIL (LUNS):

ACTIVIDADE: CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON UN MERCADILLO SOLIDARIO

-26 ABRIL(XOVES):

ACTIVIDADE: PARTICIPACIÓN NA OLIMPIADA MATEMÁTICA
ALUMNOS: 2º ESO

HORARIO: 10,00-13,20
LUGAR: IES DE CANIDO


-26 DE ABRIL(XOVES)-30 ABRIL(LUNS):

ACTIVIDADE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO EUROPEAN MUSIC FESTIVAL FOR YOUNG PEOPLE
ALUMNOS: CORO SOLIDARIUM
LUGAR: NEERPELT(BÉLXICA)

domingo, 25 de marzo de 2018

Gala solidaria "Coro Solidarium a Neerpelt"



Mentras o vento bruaba e a choiva azotaba a cidade, no Pazo de Cultura de Narón a enerxía competía co furacan. Talento, entusiasmo e arte no escenario e complicidade e felicidade entre o númeroso público que asistíu entregado á Gala. Moitas Grazas por vir e sustentar a ilusión dos nosos rapaces e rapazas.

Quen podía pensar que na comarca existe unha canteira de talento musical semellante? Os rapaces e rapazas ofreceronnos un emotivo espectáculo froito do seu talento pero tamén da sua entrega e disciplina.

Moitas grazas a todos os grupos participantes por esta colaboración co noso Coro que pretende viaxar a Belxica para participar no Festival de Musica de xente nova, sin vos seríanos moi difícil cumplir ese sono.

Grazas tamén a Marian Ferreira, Mercedes Taibo, Natalia Hermida que dende o Concello nos apoiades na labor do IES. A Luciano por inventarse cada día esta movida cultural que non ofrece o Pazo de Cultura e que sitúa a Narón no mundo do teatro e da música. A todo o persoal do Pazo que traballou para que a Gala fora un éxito e en especial a o magnífico equipo técnico de son, sin o voso traballo esta noite feiticeira non sería posible.

Grazas Daniel Rios por teu bon facer na presentación da Gala e polo teu orgullo de trasanqués, os que temos ancestros de Santa Mariña do Monte somos bos e xenerosos.

Grazas profes, os que asistichedes ou os que non pero que estades comprometidos co proxecto educativo do IES Terra de Trasancos, que sabedes que un Instituto é moito maís que un espazo donde se imparten clases, é un lugar donde se vive e se comparten experiencias. Moitas Grazas Graciela, Olga, Beatriz pola vosa constancia e empeño en sacar adiante proxectos e porque facedes que o "imposible" non sexa máis que unha palabra.

Grazas tamén a todo o persoal non docente do IES que asisitiu ou non pero que tamén colabora día a día co desempeño da nosa labor e coida do noso alumnado e de nos.

E nomeadamente moitas grazas familias, pais, nais, irmans, abos, tías, amigos que enchichedes o patio de butacas coa ilusión de facer realidade un sono e arroupachedes aos participantes na Gala co voso calor e agarimo.

xoves, 22 de marzo de 2018

XI CONCURSO “IGNACIO LÓPEZ BUENO”


Visita á fábrica Cementos Tudela Veguín





O 21 de marzo o alumnado de Bacharelato e varias profesoras do ámbeto de Ciencias realizamos unha visita á fábrica Cementos Tudela Veguín, situada no  Polígono Industrial Rio do Pozo.

Visitamos as instalacións onde se almacenan as materias primas, pasamos pola zona do muiño e pola cadea de envasado, que nos sorprendeu moito pola sua completa robotización. 

Espertaron o noso interese os laboratorios de control de calidade e rematamos a nosa visita coñecendo a sala de control da planta.

 






Queremos dar as grazas ó Director da planta pola súa acollida e a Marta Ferro polas súas interesantes explicacións durante o percorrido.

venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo. Mesa redonda muller en exclusión social




Faime Visible pretende visibilizar as persoas en exclusion social
Hoxe estou feliz. O secundamento da folga de mulleres de onte 8 de marzo, o enorme alcance das manifestación as que acudiron milleiros de persoas refrexa que algo está a moverse na sociedade en prol da igualdade de xénero. Enorgulleceme que moitas das persoas que acudiron as manifestación do 8 de marzo sexan mulleres novas que toman o testigo das mulleres que traballamos dende unha convición  feminista.

Como non pode ser doutro xeito, no IES Terra de Trasancos celebramos esta significativa data con dous actos que visibilizan o papel da muller na sociedade.


Mulleres participants na mesa e alumnado


















O 6 de marzo varias mulleres que traballan con colectivos en exclusión social falaron co alumnado de  3º e 4º da ESO.


O 9 de marzo celebramos unha mesa redonda na que o alumnado de FP básica de servizos administrativos, Ciclo Medio e bacharelatos participaron das experiencias de


Angeles Fernández, falounos da súa experiencia de vivir na rúa. Hoxendía  ten un fogar e é a autora da fotografía​ "El banco de dormir" elexida para representar o  Proxecto Fotográfico " Hazme Visible​" que podedes visitar no vestíbulo do IES.

Damarys Padrino, que chegou a Galicia  dende Venezuela acompañada do seu fillo e contounos sobre a dificultade que teñen as mulleres que deben sair dos seus paises na procura dun futuro mellor para elas e as súas familias

Meri Zakaryan, estudiante armenia,  aos catorce anos chegou a Galicia coa súa familia deixando o seu país pola ameaza de guerra e represión, falounos das dificultades de integración sin o coñecemento do idioma e da súa  experiencia coa burocracia cos menores  en situaciones de migración.
    Carmela Primo educadora social do Centro de Inclusión de persoas sen fogar de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol. Contextualizou o tema exlusión social en mulleres dende a sua experiencia no traballo con persoas nestas circustancias.

    A todas elas moitisimas graza por compartir con nos a s súas experiencias

    Grazas tamén a:

    Raquel e Alba alumnas de 2º do Ciclo Medio de Xestión administrativa por presentar e moderar a mesa

    Lara, Angela e Isabel  alumnas de FP Básica de servizos administrativos por atender a que todo fora  ben na celebración do acto e polo diseño e traballo de ambientación do escenario axudadas polo seu titor Juan e apoiadas por Beatriz, profesora de educación plastica.

    Ao alumnado de 1º de ciclo medio que realizou a presentación en Powert Point que previa á mesa contextualizou o tema e axudou a montar o esecenario

    Ao alumnado de Bacharelato que asisitiu e se tomaron con moito interes todas as intervecións.

    Grazas especialmente a Manuela,  alumna de  1º do Ciclo Superior que comparteu con nos a súa experiencia como muller  en situación de precariedade laboral,  pola súa valentía e tesón no estudo.

    Grazas tamén ao profesorado asistente polo voso interés e axuda nun traballo que espero sirva para acercar ao noso alumnado a unha realidade social oculta, por levar a escola a rúa.

    O meu agradecemento tamén a Angela, interprete da linguaxe de persoas xordas pola súa tradución

    A mesa resultou unha experiencia vital emotiva e reinvindicativa dos dereitos que se lles negan as mulleres  que por ser diferentes ou por non ter unha situación económica necesaría para cubrir as súas necesidades, son invisibles. Nos hoxe  fixemolas visibles.

    Porque ao fin a revolución será feminista ou non será e o século XXI será o século das mulleres




    luns, 5 de marzo de 2018

    EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "FAIME VISIBLE"

    Ao abeiro da delebración do 8 de marzo día da muller no IES estamos a organizar varios actos que visibilicen as mulleres en exclusión social, entre eles a mostra da exposición cedida por Caritas Diocesana "Faime visible" 

    Esta exposición é o froito  dp  proxecto fotográfico 2016 que en colaboración cos fotperiodistas e reporteiros gráficos  Daniel Alexandre, Carlos Carballeira, Kiko Delegado, Ángel Manso, José Pardo y César Toimil quere atender a atención integral das persoas sen fogar e    que ten en conta tanto as necesidades básicas como as relacionadas cos  Dereitos Humanos (vivenda, saúde, educación).

    Dende este enfoque de dereitos e atendendo especialmente á educación, integración e uso do tempo libre como enriquecedor se plantexa este Proyecto Fotográfico 2016 “Faime Visible” que podedes visitar dende o 6 de marzo no vestíbulo do IES Terra de Trasancos.

    Modificación en actividades propostas

    MARZO

    -6 MARZO (MARTES)

    -TALLER DE REGUEIFAS PARA 2º ESO
     
    CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA:
    -7 MARZO(MÉRCORES):

    -CHARLA SOBRE MULLERES EN RISCO DE   EXCLUSIÓN SOCIAL.
    -LUGAR: SALÓN DE ACTOS
    -CURSOS: Para 3º/4º de ESO.
    -HORARIO: 10,30-12,10

    -9 MARZO(VENRES):

    -MESA REDONDA  SOBRE MULLERES EN  EXCLUSIÓN SOCIAL
    -LUGAR: SALÓN DE ACTOS
    CURSOS:1º CICLO MEDIO, 1º CICLO SUPERIOR, 1º DE BACH E FP BÁSICA DE ADMINISTRATIVO
    -HORARIO: 11,20-13,00

     -13 DE MARZO(MARTES):

    -RALLYE MATEMÁTICO
    -CURSOS: 1ºESO A, 1ºESO B, 3º ESO A e 4ºESOB
    -HORARIO: 16,00-17,00
    -LUGAR: SALÓN DE ACTOS

    -14 DE MARZO(MÉRCORES):

    -CONCERTO EN CORUÑA E VISITA Á CASA DAS CIENCIAS
    -ALUMNADO de 3º ESO e 4º de ESO(música)
    -HORARIO: 9,20-14,10
     
    -23 DE MARZO(VENRES):

    ALUMNADO: 1º BACH.
    ACTIVIDADE: VISITA Á UNIVERSIDADE
    HORARIO: TODA A MAÑÁ


    -23 DE MARZO(VENRES):

    FESTIVAL SOLIDARIO PARA A VIAXE A NEERPELT DO CORO SOLIDARIUM
    LUGAR: PAZODE CULTURA
    HORA: 20:00 H.


     ABRIL

    -5 ABRIL(XOVES):

    PARTICIPACIÓN NA MOCIDADE COA LINGUA
    ALUMNADO: CORO SOLIDARIUM
    HORARIO: POR DETERMINAR

    -9 AO 13 DE ABRIL(LUNS A VENRES):

    ALUMNOS: 4º ESO
    ACTIVIDADE: VIAXE CULTURAL A ROMA

    -13 ABRIL (VENRES):

    ALUMNOS: 1º BACH.
    ACTIVIDADE: VISITA Á UNIVERSIDADE
    HORARIO: TODA A MAÑÁ


    -20 ABRIL(VENRES):

    TEATRO EN INGLÉS-FRANKENSTEIN FILES
    ALUMNOS. 3º E 4º DA ESO
    HORARIO: POR DETERMINAR
    LUGAR: PAZO DA CULTURA  DE NARÓN

    -26 AO 30 DE ABRIL ( XOVES A LUNS):

    ALUMNADO: VARIOS CURSOS
    ACTIVIDADE: VIAXE PARA PARTICIPAR NO CONCURSO INTERNACIONAL EMJ EN NEERPELT(BÉLXICA)

    MAIO

    -18 MAIO (VENRES)

    ACTO DE GRADUACIÓN DOS ALUMNADO DE BACHARELATO E CICLOS
    HORA: 20,00
    LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO CENTRO

    -22 MAIO (MARTES)

    ALUMNADO: 3º ESO
    ACTIVIDADE: VISITA Á CASA DOS POETAS
    HORARIO: 8,30-18,00
    LUGAR: CELANOVA (OURENSE)


    -31 MAIO-1 DE XUÑO (XOVES E VENRES)

    ALUMNADO: 3º ESO
    ACTIVIDADE: VISITA A GUIMARAES. PROXECTO TERRA

    mércores, 28 de febreiro de 2018

    Gala Solidaria viaxe do Coro Solidario a Neerpelt

    O Coro Solidario viaxa a Bélxica  para participar no Festival Europeo de Música da Xuventude en Neerpelt.
    Talento e ilusión non lles falta, pero necesitan unha axudiña para costearse a viaxe. A Gala Solidaria que se celebrará en no Pazo da Cultura de Narón o vindeiro 23 de Marzo será unha oportunidade para contribuir con unha pequena achega e disfrutar da música interpretada por grupos  da comarca. Merca o teu bono solidario disponible naa billetería do Pazo dende o 1 de Marzo e contribuiras con 5 € ao viaxe destes xovenes talentos.

    venres, 23 de febreiro de 2018

    A Formación Profesional Dual

     


    Si estas a pensar en realizar un Ciclo Formativo de grao medio ou superior ou estás matriculado é posible que che interese información sobre o que é a Formación Profesional dúal,  nestes enlaces tes información sobre ela


    A formacion dual con contrato de traballo

    A formacion dual no sistema educativo

    Normas de cotización a Seguridade social na Formación profesional dual

    venres, 16 de febreiro de 2018

    Visita da Directora Xeral de Xuventude ao IES Terra de Trasancos

    Correspondentes xuvenís  xunto coa Directora Xeral, Concelleira de Ensino de Narón, e membros daDirección do IES
    A Directora Xeral de Xuventude visitou hoxe ao noso equipo de Correspondentes Xuvenís co fin de felicitalos e recoñecerlles o traballo desenvolvido para espallar a información de interese para o noso alumnado.

    Temos maís información no blog de correspondentes

    https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/2018/03/visita-da-directora-xeral-de-xuventude.html

    martes, 6 de febreiro de 2018

    Reserva de praza para o curso 2018-19

    Entre o días 1 e 15 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2018-19 para alumnos que cursen 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, ou nos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol.

    Para facer efectiva a reserva debe entregarse na Secretaría do instituto ou do seu centro o impreso de reserva de praza (Anexo I) que pode atoparse picando no apartado de Secretaría, na marxe esquerda da web do IES  Terra de Trasancos ou neste enlace

    Os alumnos que non cursen estudos nun centro adscrito terán aberto entre os días 1 e 20 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda da web do IES Terra de Trasancos

    Alternativamente, ambos trámites poden facerse de xeito telemático na aplicación Admisión de alumnos á que pode accederse dende o portal da Consellería de Educación ou no seguinte enlace