domingo, 29 de novembro de 2015

NOVIDADES, NOVIDADES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Ola a todos!!! Pois  comezamos coas novas desta semana:

Se a semana pasada os alumnos de 1º de Bach tiveron un autentico rodaxe de cine, esta semana os alumnos de Ciclos realizarán unha saída e visitarán R.

Achégase o Nadal e Bea xa vai preparar o vestíbulo. Animádevos  a axudala?

O coro solidarium ensaia intensamente os seus concertos de Nadal, estanos costando un pouco porque hai moitos novos pero sei que o lograremos!!!!

E atención, quenes serán os gañadores do Circuito de Nadal???Os de 1º de Eso, os maiores. Pode haber sorpresas este ano, estade moi atentosssss.

Os alumnos de 4º finalmente vanse a LONDON. Covent Garden, Picadilly, Candem e moitas emocións os esperan!!!!!!!!!




domingo, 15 de novembro de 2015

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL 2º ESO

Esta semana teremos as charlas de sexualidade para alumnos de 2º de ESO. O horario será o seguinte:
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL Sexo con-sentido
 Fanse 4 sesións de 50 min. con cada clase de 2º da ESO:

 CURSO DATAS/HORAS

 2º A ESO

 Luns 16 nov.- 8:30-10:10

 Martes 17 nov.- 16:20-18:00

 2º B ESO

 Martes 17 nov.- 12:30-14:10

 Xoves 19 nov.- 8:30-10:10

mércores, 11 de novembro de 2015

BENVIDA

Ola a todos os trasanqueses!!!Benvidos ao novo Blog do IES TERRA DE TRASANCOS. A través deste Blog compartiremos actividades, proxectos, ilusións, fotos e todo o relacionado co noso centro. Na actualidade estamos a traballar en varios proxectos: "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro" e o Proxecto Terra. Seguiremos informando puntualmente das novidades. Un saúdo.