mércores, 18 de maio de 2016

Premiados no certamé Intercentros

O xoves día 19 de maio, un grupo de alumnas e alumnos van recoller premios na Clusura Intercentros. En concreto recollen os seguintes premios: 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 1º CICLO DA ESO: "DON CAPITÓN" 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA TEATRO 2º CICLO DA ESO. 
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA CANCIÓN 2º CICLO DA ESO: "MEMORIA DA NOITE" 
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "CARMIÑA, A NENA POSUÍDA" 
ACCÉSIT AUDIOVISUAIS 1º CICLO DA ESO: "UN MALETÍN, UNS POLICÍAS E UN ASASINATO"  
PRIMEIRO PREMIO AUDIOVISUAIS BACHARELATO: "COUSAS DE VELLOS" 
Ademáis o Coro Solidarium realizará a Clausura este ano pois somos centro organizador.

Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo

Aínda que non resultou finalista este corto é divertidisismo
Somos finalistas no Concurso de curtas OLLOBOI con dúas curtas: "Cousas de vellos" na categoría Curta cómica dos alumnos de 1º de Bach de audiovisuais e "Un maletín, uns policías e un asasinato" na categoría Online, feita polos alumnos de 2º de ESO (EN XUÑO AS VEREMOS NO FESTIVAL pero se queredes velas antes só tedes que entrar en 
olloboi finalistas.
A entrega de premios realizarase en Boiro o día 28 de maio. 

venres, 13 de maio de 2016

VIAXE A LUGO DE 3º ESO



VIAXE A LUGO

Museo Provincial


Por Juanma Roca Fernández (3º ESO)

O pasado día 3 de maio, os alumnos de 3º ESO do IES Terra de Trasancos, vivimos unha experiencia, para a maioría, inolvidable. Foi un día de aventuras baixo o sol, nun sitio tan bonito e histórico como Lugo.

Era ben cedo cando o bus nos recolleu pola mañá. Aínda ía frío e resultou agradable encontrarse nun novo e cálido vehículo.

Despois da viaxe, chegamos ao noso primeiro destino do día: o Museo Provincial de Lugo.
Alí tivemos unha divertida competición entre catro equipos. Esta consistiu basicamente en demostrar que tiñamos lido o libro Contos no museo e que éramos áxiles buscando pistas por alí, enchendo cada equipo o seu formulario. Houbo un empate de acertos, pero o tempo desbloqueou todo. Ademais, puidemos contemplar obras mestras relacionadas co mundo castrexo e outros moitos temas.

Tras isto, visitamos a Catedral. Tivemos a oportunidade de observar unhas estructuras impresionantes e preciosas figuras relixiosas.

Xa vistos o Museo e a Catedral, quedábanos un dos lugares que ten unha gran importancia na cidade. Esa construción que vai máis alá da simple enxeñería e que marca territorio.
Si, é o que pensas, o noso destino era a muralla romana de Lugo: unha antiga construción e, á vez fundamental, na cultura e o turismo lucenses. Demos unha longa caminata ( en concreto de 2.266 m ), pero sen dúbida o esforzo valeu a pena.

Era xa a hora de xantar e tivemos algo máis de hora e media pra ir a un restaurante ou tomar o noso bocadillo. Tamén houbo tempo para disfrutar da magnífica “Praza Maior” e pasear un pouquiño co xeado na man.

A nosa última parada foi o Castro de Viladonga. Antes de velo, estivemos nun pequeno museo no que disfrutamos dun interesante documental e observamos todo tipo de obxectos.
Despois chegamos ao castro. Os cúmulos de pedra formando liñas curvas revelaban unha importante parte da historia da nosa terra.
Finalmente, o bus veu por nós, e así, levándonos de volta, deu fin a unha das mellores excursións que polo menos eu tiven na vida e, sobre todo,  unha das máis produtivas e divertidas.

Un pracer ter ido.

Saúdos




Porta daCatedral

Catedral de Lugo

Praza Central de Lugo

As Murallas Patrimonio da Humanidade

Cultura Castrexa
Imaxes relixiosas o Museo Provincial de Lugo


xoves, 12 de maio de 2016

Dias das Letras Galegas

Para commemorar o Día das Letras Galegas tedes na entrada do IES unha exposición con carteis  explicando a vida e a obra do autor que se homenaxea este ano, Manuel Marías

A PROGRAMAR CON SCRATCH!!!!

E o venres pasaron polo taller de Scratch:
1ºESO A

1º ESO A

1º ESO B

1º ESO B

1º ESO C

1º ESO C

2º ESO B

2º ESO B

FP BÁSICA

FP BÁSICA

martes, 10 de maio de 2016

A PROGRAMAR CON SCRATCH !!!!!!!

E este é o xogo do tiburón zampon que se programou.

A PROGRAMAR CON SCRATCH !!!!!!!




O Departamento de Tecnoloxía en colaboración co Concello de Narón organizou o pasado xoves e venres, uns talleres de programación con Scratch, coa finalidade de achegar a todos os nosos e as nosas  estudantes  ao mundo da programación.

Participou  alumnado  de todos os cursos da ESO e de F.P. Básica Electricidade-Electrónica, en microtalleres de 30 minutos impartidos por monitores de TechAcademy.  Ao final do taller cada estudante programara un sinxelo xogo ao que chamamos “O Tiburón  Zampón”, e no que un escualo tiña que comer peixes para sumar puntos e se tocaba algún cangrexo restaba puntos.

As dixitais son consideradas competencias imprescindibles no século XXI e dentro delas,  a programación brindará numerosas oportunidades de traballo en todos os sectores produtivos. Para facernos unha idea da importancia do tema, o presidente Barak Obama puxo en marcha o programa “Educar para Innovar”, destinando máis de 1.000millóns de dólares, para aumentar o número de estudantado  e profesorado  competente en STEM (Scientix, Technology, Engineering yMathematics).

O Departamento de Tecnoloxía consciente desta necesidade realiza múltiples actividades e proxectos para impulsar este tipo de habilidades nos nosos alumnos e alumnas.

Para ver o ben que o pasamos aquí tedes fotos dos microtalleres
2º ESO A

2º ESO A

3º ESO A

3º ESO A

3º ESO B

3º ESO B

4º ESO A

4º ESO A

4º ESO B

4º ESO B

luns, 9 de maio de 2016

Educación para o desenvolvemento



O IES Terra de Trasancos  participou no Encontro Estatal de Docentes para o Desenvolvemento “Creando Redes” como  único integrante de Ferrolterra da rede de  centros educativos galardoados co premio de Vicente Ferrer



Manolo, Sol e Graciela Creando Redes
Os días 22, 23 e 24 de abril profesorado do IES Terra de Trasancos participou en Guadarrama no VI Encontro Nacional de Docentes para o Desenvolvemento. Creando Redes, organizado pola AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento) e o Ministerio de Educación Cultura e Deporte.
O encontro tiña como eixo central “As persoas no centro da sociedade (sen deixar a ninguén atrás)”
Nel reflexionouse sobre a recen aprobada axenda 2030 que xira en torno a cinco eixos centrais: planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas e os 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados o pasado setembro.
África tivo un espazo destacado neste encontro: 
  •  África observada: opinión dunha periodista coautora do blog África no es un país e a visión da vida cotiá dun viaxeiro e fotógrafo de África. 
  • África vivencial: a visión dun camerunés e unha congoleña residentes en España
  • África para educar: presentación de experiencias educativas para acercar o  continente ao alumnado
Importante foi o intercambio de experiencias e recursos con docentes doutros centros educativos do territorio nacional. Moi motivadoras resultaron as experiencias aportadas por educadoras dun centro de menores en Melilla, que compartiron as súas vivencias sobre a crise migratoria que se vive nese territorio.
 Ademais disto, desenvolvéronse obradoiros de innovación educativa, intelixencia emocional e prevención de violencia de xénero.
 O obxectivo das xornadas é  aplicar á na nosa tarefa docente as metodoloxías e coñecementos adquiridos como base para xerar unha cidadanía responsable, comprometida e feliz.

Concurso galego da Robótica

Os ALUMNOS DE 4 º ESO PARTICIPAN NO VIII Concurso Galego de Robótica. "A Maxia dá Robótica".


Os alumnos e alumnas  de 4º ESO A/B e 4º ESO D da materia de Tecnoloxía, acompañados das profesoras Juana Polo e Teresa Rego,  participaron o pasado 22 de abril no VIII Concurso Galego de Robótica "A Maxia dá Robótica". Trátase dun concurso organizado pola Fundación Barrié e a Institución Galega dá Ciencia (IGACIENCIA). Nesta edición competiron preto de 2.335 profesores e alumnos de 62 centros de toda Galicia.
O obxectivo do obradoiro "A maxia dá robótica" é achegar o alumnado ao mundo dá robótica, mediante a resolución de diferentes desafíos co Robot Mindstorm de Lego. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe dá robótica, ao mesmo tempo que realizan un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón

Felicidades aos nosos alumnos e  alumnas  polos excelentes resultados acadados!!!!

Alumnado  de Tecnoloxía de 4º ESO A/B con Juana Polo


Alumnado  de Tecnoloxía de 4º ESO D con Teresa Rego
Participando No Obradoiro



Competindo