martes, 27 de xuño de 2017

video fin de curso


Foi un curso intenso e cheo de actividades e proxectos,o Proxecto Terra, o TEI, Glackma, o Erasmus Plus que permitirá no próximo curso movilidades de alumnos e profesores, o Club de Ciencia, o Club de Lectura, participamos no Encontro dos Clubs de Lectura e foi un luxo para os que alí estiveron, reactiváronse os Blogs do Insti e da Biblio,houbo exposicións preciosas como a do Samaín, a de Maruja Mallo, a da célula, as cabazas,o apalpador, os reis magos..., o Gran Circuito, o traballo do Equipo da Biblioteca cos concursos e recitais, temos un xardín cunhas rosas preciosas, os bancos novos froito de moito traballo colaborativo, a participación en diferentes certames, a visita ao hospital dos teatreiros en inglés,as Brunettes, o teatro en portugués co pirata con pata de pau, un Mannequin, a música, os artistas do wave, da peonza,do baile, da pintura, o cine, os premios, Intercentros, Videoclips musicais, un Mannequin, Mocidade coa Lingua,Teatro con G, a Semana Verde, o día da Muller, pelexamos polos dereitos de Xabi, o Rallye Matemático, a Habitación de Fermat que tanto nos comeu o coco a algunhas profes, visitas a empresas, roteiros, o Coro e os seus concertos, as viaxes a Lorca, Londres, Berlín, Oporto, visitamos exposicións, tivemos talleres e charlas de escritores, científicos, exploradores, fotógrafos, o Entroido, o acto de Bacharelato e Ciclos, foi o ano de integrarnos na vida moderna co noso grupo do facebook: xa temos 775 seguidores!, co Instagram conseguimos un éxito rotundo entre os alumnos, Twitter,etc, etc,etc...seguro que me quedan algunhas cousas e actividades, desculpade se é así, intentei refrexar todas as que tiña documentadas no vídeo que estará colgado tamén na nosa canle de youtube .... todo isto, é grazas á vosa colaboración e conforma unha parte da esenza do Trasancos. (Graciela Galdo, subdirectora do IES)