martes, 24 de outubro de 2017

Semana do terror no IES do 31 outubro ao 3 novembro





1- O alumnado de 1º e 2º de ESO asistirán ás actividades programadas polo Equipo da Biblioteca co seguinte horario:

  • LUNS 30 DE OUTUBRO: 2º ESO B 10,30-11,20
  • MARTES 31 DE OUTUBRO: 2º ESO C 9,20-10,10
  • MARTES 31 DE OUTUBRO: 1º ESO B 10,30-11,20
  • XOVES 2 DE NOVEMBRO: 1º ESO A 12,30-13,20
  • VENRES 3 DE NOVEMBRO: 2º ESO A E PMAR 9,20-10,10
2- Poderán traer nunha cartolina branca ou nunha lámina do block de debuxo unha ilustración da cabeza de Jack Skeleton, o protagonista de "Pesadilla antes de Navidad", ou calqueira outra ilustración dalgunha das personaxes de Tim Burton e entregarllas a Beatriz Lamigueiro o luns 30 de outubro. Cada ilustración entregada recibirá unha pequena recompensa.

3- O luns 30 de outubro e o xoves 2 de novembro durante o primeiro recreo terá lugar unha proxección de curtas de Tim Burton para todos o alumnado do centro no Salón de Actos.

4- O venres 3 de novembro todo o alumnado poderá vir maquillados de forma terrorífica ou participar nun obradoiro de maquillaxe de Tim Burton que terá lugar durante os recreos  no vestíbulo do centro.

xoves, 19 de outubro de 2017

Programa TEI. Titoria entre iguais




O Noso alumnado de 3º da ESO participa no proxecto TEI ou Titoría entre iguais  Estas imaxes corresponden a xornada de formación dos titores e titoras de 3º da ESO.

O noso Centro participa no Programa TEI, un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa
  • Oriéntado a mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta
  • Fomenta que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias
  • Dirixido á mellora ou modificación do clima e a cultura do centro respecto da convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica)

Baséase na tutorización emocional entre iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso son os alicerces básicos do seu desenvolvemento nos centros educativos: En secundaria: Os alumnos de 3º son titores emocionais dos de 1º


Os centros que aplican o programa están integrados na REDE DE CENTROS TEI TOLERANCIA CERO, comparten e desenvolven iniciativas, materiais e boas prácticas na prevención da violencia e o acoso escolar.


Rally Matemático





RALLY MATEMÁTICAS E CIENCIAS 2018
O noso centro participa no o Rally sen Fronteiras 2018:
Destinado a alumnado de 4º da ESO (Física e Química, e Bioloxía- Xeoloxía) e alumnado de 1º, 2º, 3º.e 4º da ESO (Matemáticas)
Ø  Se che gustan as ciencias e as matemáticas
Ø  Se pensas que as matemáticas son para a vida e non só para alguns cerebrins
Ø  Se adoitas e queres traballar en equipo colaborando cos compañeiros e compañeiras
Ø  Si crees ter imaxinación e creatividade
Ø  Si queres participar nun concurso internacional e coñecer  alumnado de outros centros e  paises

Participa no Rally Matemático os xoves no primeiro recreos na aula de Debuxo

Os equipos gañadores terán a oportunidade de viaxar a final en Toulouse (Francia) e os  finalistas  agasallos

Exemplo: O restaurador
Un famoso restaurante recibe dun dos seus clientes fieis e amigos a seguinte mensaxe:
"Prever para mañá unha comida con menos de 100 invitados, poderás determinar o número de clientes sabendo que, cun invitado menos, poderías facer mesas completas de cinco persoas e, con dous invitados menos, poderías facer mesas completas de sete persoas. " O restaurador está irritado porque hai varias posibilidades para o número de invitados.
-Cales son esas posibilidades? Pista: So hai duas posibilidades
Afortunadamente, recibe un pouco máis tarde unha nova mensaxe: "Engado só un invitado máis polo que poderás preparar mesas completas de catro persoas."
-Cal é ao final o número de invitados?

Si crees saber a resposta deixanos un comentario coa solución

mércores, 4 de outubro de 2017

Probas para cantar no Coro Solidarium de Trasancos

Hoxe  acaban as probas para entrar no Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, a nosa " La Voz" particular. Non tes que ser guapo ou guapa, non tes que ser gracioso graciosa ou saber contar chistes. So tes que:
  • Ter unha voz armoniosa
  • Saber entonar
  • Comprometerte coas actividades do Coro
  • Pertenecer a o alumnado da comunidade educativa do IES Terra de Trasancos
    Aspirantes a pertencer ao Coro antes das probas.
Ofrecemos
  • Compromiso coas persoas
  • Actuar cara a un público entregado
  • Ambiente de traballo e diversión
  • Aprendizaxe colaborativo.
Entonando antes das probas


A aceptación é masiva, moitos rapaces e rapazas pasarán a proba pero so uns cantos seran os elexidos para a gloria. Noraboa poque os vosos exitos son os nosos.

martes, 3 de outubro de 2017

Cando xa non esté. Glackma

1 Parte




Adolfo e Karmenka participan no programa de Iñaki Gabilondo "Cuando ya no esté" para contarnos como o desxeo dos glaciares está afectando ao cambios climático producido polo quentamento global do planeta. Carlos Caraglia graba con drones a fermosísima paisaxe e a entrevista. Magnífico traballo e moi esclarecedor sobre o papel dos glaciares no clima e como preservadores da vida no planeta.

2ª Parte