luns, 29 de xaneiro de 2018

Dia da paz no Concello

Alumnado de 4º da ESO participou o pasado venres na xornada de lembranza das vítimas da comarca nos campos de concentracion na segunda guerra europea do século XX. Si queremos facer a paz non debemos esquecer as persoas que perderon a súa vida nunha das guerras máis crueles do pasado século.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Charla da escritora Ana Alcolea

O próximo martes, día 30 de xaneiro, a escritora Ana Alcolea  especialista en literatura xuvenil e gañadora entre outros do premio Cervantes de literatura infantil e xuvenil ven a visitarnos para charlar, co alumnado de 2º e 3º de ESO  que son coñecedores e lectores dos seus libros. 

A Charla dará comezo ás 8,45 e estades todo o profesorado convidado a asisitir

 
Anas Alcolea, escritora e profesora de secundaria  gañadora de multiples premios de literatura infantil e xuvenil coa suas novelas viaxamos por paises como Italia ou Noruega e  disfrutamos  de inumerables aventuras.

Entre as súas obras:
 La noche más oscura ganó el premio Anaya en 2011 y la mención en los White Raven 2012. 
El abrazo del arbol,  El secreto de la esfinge.
Podes acceder neste enlace  a súa biografía e obras

venres, 19 de xaneiro de 2018

Actividades Biblioteca

As nosas bibliotecarias sempre inquedas na procura  de actividades que vos fagan disfrutar da lectura vos suxiren dúa propostas:
  • Un club de lectura de poesia: A mazá de Rilke
  • Un carnet de biblioteca por puntos
Sexas do curso que sexas...¡ anímate a participar!


http://trasancosbiblio.blogspot.com.es/




martes, 16 de xaneiro de 2018

Actividades Xaneiro

Actividades da semana do 22 ao 26 de xaneiro, se incorporou unha nova actividade relacionada co día da paz e a memoria histórica. 

LUNS 22 DE XANEIRO

ALUMNOS: 2º, 3º E 4º DE ESO
ACTIVIDADE: CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS
HORARIO:
3 ESO- 11:20-12:10
2 ESO- 12:30-13:20
4 ESO- 13:20-14:00

LUGAR: SALÓN DE ACTOS OU BIBLIOTECA

MARTES 23 DE XANEIRO:

ALUMNOS DE 4º DE ESO
ACTIVIDADE: CHARLA SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA
HORARIO: 16,20-17,10

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

PROFESORES ACOMPAÑANTES: Os que teñades clase con eles ese día.

VENRES 26 DE XANEIRO:

ALUMNOS DE 4º DE ESO
ACTIVIDADE: ACTO NO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ  E VISITA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NA BIBLIOTECA.
HORARIO: 11,40- 13,15 (CHEGADA AO CENTRO PARA AS 13,20)

LUGAR: NO CONCELLO DE NARÓN

PROFESORES ACOMPAÑANTES: JÉSSICA FERNÁNDEZ E GRACIELA GALDO

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Exposición Lita Cabellut e Academia Galega



O martes alumnado de 3 e 4 de ESO fixeron unha visita guiada á Real Academia galega, ao cemiterio de San Amaro e á exposición de Lita Cabellut na Coruña. Pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas sobre escritores e pintores.