venres, 9 de marzo de 2018

8 de marzo. Mesa redonda muller en exclusión social




Faime Visible pretende visibilizar as persoas en exclusion social
Hoxe estou feliz. O secundamento da folga de mulleres de onte 8 de marzo, o enorme alcance das manifestación as que acudiron milleiros de persoas refrexa que algo está a moverse na sociedade en prol da igualdade de xénero. Enorgulleceme que moitas das persoas que acudiron as manifestación do 8 de marzo sexan mulleres novas que toman o testigo das mulleres que traballamos dende unha convición  feminista.

Como non pode ser doutro xeito, no IES Terra de Trasancos celebramos esta significativa data con dous actos que visibilizan o papel da muller na sociedade.


Mulleres participants na mesa e alumnado


















O 6 de marzo varias mulleres que traballan con colectivos en exclusión social falaron co alumnado de  3º e 4º da ESO.


O 9 de marzo celebramos unha mesa redonda na que o alumnado de FP básica de servizos administrativos, Ciclo Medio e bacharelatos participaron das experiencias de


Angeles Fernández, falounos da súa experiencia de vivir na rúa. Hoxendía  ten un fogar e é a autora da fotografía​ "El banco de dormir" elexida para representar o  Proxecto Fotográfico " Hazme Visible​" que podedes visitar no vestíbulo do IES.

Damarys Padrino, que chegou a Galicia  dende Venezuela acompañada do seu fillo e contounos sobre a dificultade que teñen as mulleres que deben sair dos seus paises na procura dun futuro mellor para elas e as súas familias

Meri Zakaryan, estudiante armenia,  aos catorce anos chegou a Galicia coa súa familia deixando o seu país pola ameaza de guerra e represión, falounos das dificultades de integración sin o coñecemento do idioma e da súa  experiencia coa burocracia cos menores  en situaciones de migración.
    Carmela Primo educadora social do Centro de Inclusión de persoas sen fogar de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol. Contextualizou o tema exlusión social en mulleres dende a sua experiencia no traballo con persoas nestas circustancias.

    A todas elas moitisimas graza por compartir con nos a s súas experiencias

    Grazas tamén a:

    Raquel e Alba alumnas de 2º do Ciclo Medio de Xestión administrativa por presentar e moderar a mesa

    Lara, Angela e Isabel  alumnas de FP Básica de servizos administrativos por atender a que todo fora  ben na celebración do acto e polo diseño e traballo de ambientación do escenario axudadas polo seu titor Juan e apoiadas por Beatriz, profesora de educación plastica.

    Ao alumnado de 1º de ciclo medio que realizou a presentación en Powert Point que previa á mesa contextualizou o tema e axudou a montar o esecenario

    Ao alumnado de Bacharelato que asisitiu e se tomaron con moito interes todas as intervecións.

    Grazas especialmente a Manuela,  alumna de  1º do Ciclo Superior que comparteu con nos a súa experiencia como muller  en situación de precariedade laboral,  pola súa valentía e tesón no estudo.

    Grazas tamén ao profesorado asistente polo voso interés e axuda nun traballo que espero sirva para acercar ao noso alumnado a unha realidade social oculta, por levar a escola a rúa.

    O meu agradecemento tamén a Angela, interprete da linguaxe de persoas xordas pola súa tradución

    A mesa resultou unha experiencia vital emotiva e reinvindicativa dos dereitos que se lles negan as mulleres  que por ser diferentes ou por non ter unha situación económica necesaría para cubrir as súas necesidades, son invisibles. Nos hoxe  fixemolas visibles.

    Porque ao fin a revolución será feminista ou non será e o século XXI será o século das mulleres




    Ningún comentario:

    Publicar un comentario