domingo, 25 de marzo de 2018

Gala solidaria "Coro Solidarium a Neerpelt"



Mentras o vento bruaba e a choiva azotaba a cidade, no Pazo de Cultura de Narón a enerxía competía co furacan. Talento, entusiasmo e arte no escenario e complicidade e felicidade entre o númeroso público que asistíu entregado á Gala. Moitas Grazas por vir e sustentar a ilusión dos nosos rapaces e rapazas.

Quen podía pensar que na comarca existe unha canteira de talento musical semellante? Os rapaces e rapazas ofreceronnos un emotivo espectáculo froito do seu talento pero tamén da sua entrega e disciplina.

Moitas grazas a todos os grupos participantes por esta colaboración co noso Coro que pretende viaxar a Belxica para participar no Festival de Musica de xente nova, sin vos seríanos moi difícil cumplir ese sono.

Grazas tamén a Marian Ferreira, Mercedes Taibo, Natalia Hermida que dende o Concello nos apoiades na labor do IES. A Luciano por inventarse cada día esta movida cultural que non ofrece o Pazo de Cultura e que sitúa a Narón no mundo do teatro e da música. A todo o persoal do Pazo que traballou para que a Gala fora un éxito e en especial a o magnífico equipo técnico de son, sin o voso traballo esta noite feiticeira non sería posible.

Grazas Daniel Rios por teu bon facer na presentación da Gala e polo teu orgullo de trasanqués, os que temos ancestros de Santa Mariña do Monte somos bos e xenerosos.

Grazas profes, os que asistichedes ou os que non pero que estades comprometidos co proxecto educativo do IES Terra de Trasancos, que sabedes que un Instituto é moito maís que un espazo donde se imparten clases, é un lugar donde se vive e se comparten experiencias. Moitas Grazas Graciela, Olga, Beatriz pola vosa constancia e empeño en sacar adiante proxectos e porque facedes que o "imposible" non sexa máis que unha palabra.

Grazas tamén a todo o persoal non docente do IES que asisitiu ou non pero que tamén colabora día a día co desempeño da nosa labor e coida do noso alumnado e de nos.

E nomeadamente moitas grazas familias, pais, nais, irmans, abos, tías, amigos que enchichedes o patio de butacas coa ilusión de facer realidade un sono e arroupachedes aos participantes na Gala co voso calor e agarimo.

1 comentario:

  1. Gracias Lola porque sempre nos estás animando e ademáis polo traballo en equipo e a flexibilidade e comprensión que tés coas cousas que fas. Moitas grazas.

    ResponderEliminar